viernes, 22 de junio de 2018

Phonebies


Un proxecto de curtas realizado polo curso de 3ºA de ESO do colexio Concepción Arenal de Ourense para favorecer o uso responsable do móbil e inspirado nun proxecto da comunidad de Madrid: http://www.twistideas.es/clientes/phonbies/

sábado, 28 de abril de 2018

O ALUMNADO DA ESO SACA Á RÚA AS CLASES DE E.F.

O pasado 25 de abril celebrouse o Día da Educación Física na Rúa. O Colexio Concepción Arenal implicouse na celebración desta data saíndo á rúa con todo o alumnado da ESO. A xornada serviu para concienciar da importancia da Educación Física, reivindicar máis horas no horario escolar e incidir na relación directa entre exercicio físico e saúde. Felicitar a todos e todas os participantes e animarvos a continuar facendo exercicio físico no voso tempo de lecer.


viernes, 3 de noviembre de 2017

VOANDO O PASADO

O pasado luns voamos ao pasado visitando co alumnado de 3º ESO a sala de Exposicións Afundación situada na Praza Maior. A mostra deunos a coñecer as posibilidades que a fotografía aérea ofrece ao coñecemento, recuperación e preservación do noso patrimonio arqueolóxico. A través do xogo puidemos amosar as nosas competencias en aprendizaxe cooperativo xa que nos distribuiron por grupos de traballo e fixemos unha exposición conxunta na que puxemos en común todo o aprendido. Puidemos contemplar imaxes aéreas de castros e outros xacemento arqueolóxicos de Galicia tomadas dende globos, monoplanos,... e incluso dende drones . Sen dúbida toda unha experiencia ver como un dron sobrevoaba na sala e nos sacou unha foto de familia.


















domingo, 1 de octubre de 2017

Semana Europea do Deporte 23-30 setembro

Ao longo da semana durante os recreos movemos o esqueleto ao ritmo de "Soy una taza", "Macarena" e outros bailes, houbo tamén tempo para os xogos de comba e como non para os demandados deportes de pelota como o volei, o fútbol e o baloncesto. 
Tratábase de rir e pasalo ben facendo unha actividade saudable para celebrar a Semana Europea do Deporte. Coido que acadamos o obxectivo. Dende o colexio animamos a que sexades activos durante todo o ano.

Move more, feel better.