sábado, 27 de febrero de 2016

Tenis de mesa

En educación física esta semana rematamos co tenis de mesa. Despois de mes e medio de golpes de dereitas e de revés; de pelotas embarcadas e derramadas; raquetas esquecidas e estragadas; mesas montadas e desmontadas puxemos fin a unidade didáctica con diferentes formatos de competición así como torneos individuais e por parellas. O importante foi a participación dun deporte divertido e dinámico do que puidemos disfrutar tamén nos recreos aproveitando a climatoloxía destes meses de choiva. De seguro que o alumnado da ESO de Concepción Arenal nunca se esquecerá cómo xurdiu este deporte.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario